Entre os días 10 e 14 de marzo imos celebrar a semana "Vocación-Misión" no colexio.
Este curso imos realizar tres actividades:
- Bocadillo Solidario: Durante esta semana venderanse bocadillos para o recreo. Prezo: 1€.
- Rifa: Unha camiseta e un balón do Club Deportivo Lugo, asinado polos xogadores. Prezo: 2€. Estas dúas actividades van encamiñadas a recadar fondos para axudar aos alumnos con necesidades do noso centro.
- Rastrillo Solidaria: No salón do colexio abrimos unha tenda de artesanía para todo o público. O recadado ten como finalidade colaborar na financiación dos "almorzos de Haití" da "MISSIÓN JEAN GABRIEL PERBOYRE" que as Fillas da Caridade teñen en Gonaïves (Haití).
Unha das cousas que os nenos necesitan para poder estudar é estar ben alimentados, en moitos casos maréanse por desnutrición. As Fillas da Caridade danlles dúas comidas diarias cando van ao colexio, unha ao entrar (o almorzo) e outra ás 12 do mediodía (o xantar). Moitos destes nenos é todo o que poden comer ao longo do día. A este almorzo e xantar solidario, chamámoslle "os almorzos de Haití".
Horario da tenda: Sábado 8 de marzo (11:30-13:30) (18:30-20:30)
Domingo 9 de marzo (10:00-14:00) (18:30-20:30)
Luns, martes, mércores e xoves (13:30-17:30)
Toda a comunidade educativa agradece de antemán a vosa solidariedade e colaboración.
Equipo de Animación Pastoral.