Recaudados na tómbola a cantidade de 675€, destinase as misións vicencianas.
Aos nenos e nenas de 6º de primaria:
domingo, 26 de octubre de 2014
DOMUND 2014
Entregada a cantidade de 681,50€ na delegación de misións de Lugo.
Grazas pola vosa solidariedade.
miércoles, 22 de octubre de 2014
TOMBOLA MISIONEIRA
Hoxe comezamos coa tómbola misioneira que durará ata o venres.
Os alumnos e alumnas de 6º de primaria traen da casa: xoguetes, contos, cromos ... para vender; e no recreo montan unha tómbola onde todos desfrutamos moito.
O diñeiro recadado dóano as misións vicencians.
jueves, 16 de octubre de 2014
VISITA DUN MISIONEIRO
Con motivo das actividades que estamos desenvolvendo ao longo da semana para celebrar o día do DOMUND (19 de outubro), visitounos o PaiGianluigi Signori, misioneiro xaveriano, que traballou 21 anos en Camerún, Chad e Burundi e actualmente está na comunidade xaveriana de Murcia.
Os nenos estiveron moi atentos as súas explicacións, anécdotas e mesmo nos ensinou unha canción: "Jambo Bwana" (é un canto de benvida en Kenia).
Jambo Bwana:
martes, 14 de octubre de 2014
DOMUND 2014: "RENACE A ALEGRIA"
O DOMUND ( DOmingo MUNDial das misións) é o día en que a Igrexa universal reza polos misioneiros e misioneiras, e colabora economicamente con eles na súa labor, que se desenvolve entre os máis pobres e necesitados.
Celebrase en todo o mundo, o cuarto domingo de outubro.
O DOMUND é unha chamada a colaboración economica dos fieis. Grazas a súa xenerosidade constrúense igrexas, cómpranse vehículos, fórmanse catequistas, aténdense a proxectos sociais, sanitarios e educativos nas misións.
A Igresa ten unha ampla labor social eeducativa en todo o mundo. Atende a 117.119 institucións sociais (hospitais,orfanatos, comedores, residencias de anciáns,...) e 209.688 institucións educativas (garderias, colexios,..). Actualmente hai preto de 13.000 misioneiros españois por todo o mundo (sacerdotes, relixiosos, relixiosas e laicos).
SOMOS MISIONEROS:
domingo, 12 de octubre de 2014
J.M.V.inaugura mañá 13 de outubro, a apertura dun novo curso.
O lema deste ano é: "Sueña con algo grande, apuesta por Cristo".
Iniciamos os grupos e queremos contar contigo.
Reunímonos porque queremos medrar en valores cristiáns.
O venres, 26 de setembro, celebramos a festividade de San Vicente de Paúl, fundador xunto con Santa Luisa de Marillac da compañia das Fillas da Caridade.
Os pequenos de infantil fixeron unha celebración moi linda no colexio.
Os nenos de primaria participaron na Eucaristía.
“Lo que a San Vicente le movió te mueve a ti: Dios y los pobres”