martes, 14 de octubre de 2014

DOMUND 2014: "RENACE A ALEGRIA"


O DOMUND ( DOmingo MUNDial das misións) é o día en que  a Igrexa universal reza polos misioneiros e misioneiras, e colabora economicamente con eles na súa labor, que se desenvolve entre os máis pobres e necesitados.

Celebrase en todo o mundo, o cuarto domingo de outubro.

O DOMUND é unha chamada a colaboración economica dos fieis. Grazas a súa xenerosidade constrúense igrexas, cómpranse vehículos, fórmanse catequistas, aténdense a proxectos sociais, sanitarios e educativos nas misións.

A Igresa ten unha ampla labor social e educativa en todo o mundo. Atende a 117.119 institucións sociais (hospitais,orfanatos, comedores,  residencias de anciáns,...) e 209.688 institucións educativas (garderias, colexios,..).
Actualmente hai preto de 13.000 misioneiros españois por todo o mundo (sacerdotes, relixiosos,  relixiosas e laicos).


SOMOS MISIONEROS:




No hay comentarios:

Publicar un comentario