FELICIDADES a las Hijas de la Caridad en la renovación de sus votos.
miércoles, 25 de marzo de 2015
martes, 17 de marzo de 2015
Fin da Semana Vocacional
A semana pasada celebramos a semana vocacional.
- Oración misionera: contamos coa axuda de D. Jesús (Delegado de misións) e D. Miguel (párroco da nosa parroquia).
- Bocadillo solidario: nos recreos compramos o bocadillo que a primeira hora da mañá preparaban unhas nais.
- Rifa dun balón e camiseta do Club baloncesto Breogan: sortease o 30 de abril; ata entón pódense comprar na portería.
- "Rastrillo": Desenvolveuse con gran éxito de participación. Moitas familias implicáronse aportando xoguetes, contos, roupa... para a súa venda; atendendo o rastrillo, axudando a montar, repoñer e recoller.
- Canción misionera: Foi unha velada preciosa, onde todos os nenos e nenas o fixeron moi ben.
martes, 3 de marzo de 2015
SEMANA
VOCACIONAL 2015
Entre
os días 6 e 13 de marzo imos celebrar a Semana Vocacional no colexio.
Este
curso imos realizar cinco actividades:
1. Oración. Invitámosvos a participar na oración que
terá lugar na parroquia o venres 6 ás 11:00 h.
2. Bocadillo
Solidario. Durante esta semana venderanse bocadillos para o recreo.
Prezo: 1 €. Os nenos/as entregarán o diñeiro ao profesor/a á entrada.
3. Rifa dunha camiseta e un balón do Clube
Baloncesto Breogán. Prezo: 2 €.
Estas dúas actividades van encamiñadas a
recadar fondos para axudar aos alumnos con necesidades do noso centro.
4. “Rastrillo”
Solidario. No salón do colexio estará aberto para todo o público un
“rastrillo”. Co recadado colaboraremos na financiación dos “Almorzos de Haití”
da MISSIÓN JEAN GABRIEL PERBOYRE que as Fillas da Caridade teñen en Gonaïves
(Haití).
Para poder estudar os nenos necesitan estar
ben alimentados, (en moitos casos maréanse por desnutrición). As Fillas da
Caridade danlles dúas comidas diarias cando van ao colexio, unha ao entrar (o almorzo)
e outra ás 12 do mediodía (o xantar). Iso é todo o que poden comer ao longo do
día moitos deses pequenos. A este almorzo e xantar solidarios chamámoslles “Os
almorzos de Haití”
Horario: Sábado
7 de marzo (11:30 - 13:30) (18:30 - 20:30)
Domingo 8 de marzo (10:00 - 14:00) (18:30 -
20:30)
Luns,
martes, mércores e xoves (13:30 – 18:00)
5.
Canción Misioneira. O
venres 13 clausuraremos a Semana Vocacional coa celebración do Festival da
Canción Misioneira.
O Equipo de Animación Pastoral
Suscribirse a:
Entradas (Atom)