martes, 3 de marzo de 2015

SEMANA VOCACIONAL 2015

Entre os días 6 e 13 de marzo imos celebrar a Semana Vocacional no colexio.
Este curso imos realizar cinco actividades:

1. Oración. Invitámosvos a participar na oración que terá lugar na parroquia o venres 6 ás 11:00 h.

2. Bocadillo Solidario. Durante esta semana venderanse bocadillos para o recreo. Prezo: 1 €. Os nenos/as entregarán o diñeiro ao profesor/a á entrada.

3. Rifa dunha camiseta e un balón do Clube Baloncesto Breogán. Prezo: 2 €.

Estas dúas actividades van encamiñadas a recadar fondos para axudar aos alumnos con necesidades do noso centro.

4. “Rastrillo” Solidario. No salón do colexio estará aberto para todo o público un “rastrillo”. Co recadado colaboraremos na financiación dos “Almorzos de Haití” da MISSIÓN JEAN GABRIEL PERBOYRE que as Fillas da Caridade teñen en Gonaïves (Haití).
Para poder estudar os nenos necesitan estar ben alimentados, (en moitos casos maréanse por desnutrición). As Fillas da Caridade danlles dúas comidas diarias cando van ao colexio, unha ao entrar (o almorzo) e outra ás 12 do mediodía (o xantar). Iso é todo o que poden comer ao longo do día moitos deses pequenos. A este almorzo e xantar solidarios chamámoslles “Os almorzos de Haití”

  Horario:  Sábado 7 de marzo (11:30 - 13:30) (18:30 - 20:30)
                   Domingo 8 de marzo (10:00 - 14:00) (18:30 - 20:30)
                   Luns, martes, mércores e xoves (13:30 – 18:00)

5. Canción Misioneira. O venres 13 clausuraremos a Semana Vocacional coa celebración do Festival da Canción Misioneira.




O Equipo de Animación Pastoral

No hay comentarios:

Publicar un comentario