Carta de San
Vicente aos nenos e nenas do Colexio Plurilingüe La Milagrosa.
Eu, Vicente de Paul, quero
dirixirme a todos vós, cristiáns e amigos do século XXI, xa que me decatei de
que desexades comezar o curso con ilusión e festa no voso colexio.
Pois ben, direivos que nacín o 24
de abril de 1581 nun pobo do sur de Francia chamado Pouy, na rexión das
Landas.
Seguide investigando nos libros,
en Internet, preguntando aos profes,… as aventuras da miña vida, que
non foron poucas.
A urxencia desta carta débese ao
desexo de animarvos a vivir con alegría e amor entre os compañeiros, que
pensedes nos que teñen menos ca vós, que esteades sempre unidos para
loitar contra as inxustizas da vosa sociedade, que sexades sensíbeis ás
pobrezas (que non son sempre materiais) que existen ao voso redor…
Recorda que ti tes saúde, amigos,
unha familia, un cole,… pero que hai outros nenos e maiores que
carecen de cariño, viven en soidade, pasan fame, son explotados…..
Queres empezar a construír un
mundo mellor para todos? Felicítote porque creo que acertei a túa resposta.
Para os teus pais e profes, o meu
saúdo afectuoso.
Ánimo e disfruta que venres é
festa grande no cole.
Quérete, o teu amigo
Vicente de Paul