miércoles, 23 de septiembre de 2015

Carta de San Vicente aos nenos e nenas do Colexio Plurilingüe La Milagrosa.

Eu, Vicente de Paul, quero dirixirme a todos vós, cristiáns e amigos do século XXI, xa que me decatei de que desexades comezar o curso con ilusión e festa no voso colexio.

Pois ben, direivos que nacín o 24 de abril de 1581 nun pobo do sur de Francia chamado Pouy, na rexión das Landas.

Seguide investigando nos libros, en Internet, preguntando aos profes,…  as aventuras da miña vida, que non foron poucas.

A urxencia desta carta débese ao desexo de animarvos a vivir con alegría e amor entre os compañeiros, que  pensedes nos que teñen menos ca vós, que esteades sempre unidos para loitar contra as inxustizas da vosa sociedade, que sexades sensíbeis ás pobrezas (que non son sempre materiais) que existen ao voso redor…

Recorda que ti tes saúde, amigos, unha familia, un cole,…  pero que hai outros nenos e maiores que carecen de cariño, viven en  soidade, pasan fame, son explotados…..
Queres empezar a construír un mundo mellor para todos? Felicítote porque creo que acertei a túa resposta.

Para os teus pais e profes, o meu saúdo afectuoso.
Ánimo e disfruta que venres é festa grande no cole.

Quérete, o teu amigo

Vicente de Paul

No hay comentarios:

Publicar un comentario